26/06/14

Feroz, o lobo

 











Neste álbum de OQO, obra de Margarita del Mazo e Leire Salaberría, Feroz, o lobo volvemos unha vez máis a ter como referencia un conto clásico revisitado. Un lobo que anda na procura da Carapuchiña, un lobo esfameado pero moi aquelado, educado e incomprendido. Un lobo que pregunta pacientemente o paradoiro da nena e, por suposto, ninguén lle contesta ao caso. Claro que está a avoa, o cazador... non falta ningún dos personaxes clásicos. Pero o final é ben diferente! Ata este final non entendemos se este conto é máis ou menos semellante ou en nada se parecen. Porque o que estamos a ler é unha parodia humorística moi ben ilustrada cun lobo con tupé vermello que sabe conducir tremendo cochazo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario