22/06/14

Sin palabras




 A verdade é que merquei este libro só por ver que era de Roger Olmos. Logo, resultou unha sorpresa. Das agradables, claro está. Este álbum con título Sin palabras é un libro de imaxes e poucas palabras que ten unha fin: sensibilizar da necesidade de respectar e protexer os animais. Ademais, os beneficios da venda destínanse ao traballo de protección dos animais de FAADA. Podemos observar o sufrimento dos animais dun xeito cru que ataca directamente a sensibilidade do lector.








Ningún comentario:

Publicar un comentario