24/07/14

Bibliomanía

 
A editorial Gadir tráenos este primeiro relato do escritor Gustave Flaubert con ilustracións de Marcos Morán: Bibliomanía foi escrito por un Flaubert de 15 anos. O protagonista é un monxe libreiro cunha soa obsesión: os libros. E será esta obsesión quen faga que posúa unha importante colección de libros raros que el considera auténticos tesouros. E na súa procura chegará a cometer todo tipo de actos... o cal pode facerme reflexionar se eu tamén podería chegar ata este estado de loucura bibliófila!!!
O personaxe só está descrito en función da súa obsesión polos libros, mentres que o seu antagonista tan só estará perfilado, polo que nos deixa intrigados polas súas propias razóns obsesivas.
Desde logo, o libro ten o dobre valor de coñecer o primeiro escrito dun autor tan importante como foi Flaubert e de mesturar unha acción real acaída en Barcelona co seu propio maxín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario