17/08/14

En que piensa una cabeza recién cortada



Con texto de Juan Carlos Quezadas e ilustracións de Carla Besora, publica a editorial A buen paso este orixinal libro que leva por título En que piensa una cabeza recién cortada. Unha viaxe a Oriente que comeza cunha cita dun texto oriental do século III a.C. atribuído a Yang Pu: a escritura é un agasallo dos dragóns para a humanidade. Esta cita vén moito a conto: o libro reflexiona sobre a lingua e a linguaxe, a importancia da palabra escrita. O protagonista conta a súa propia vida e a súa salvación, o que deixa un pouso de optimismo e de esperanza no lector/a.  Mellorar como ser humano é tomar conciencia do valor do noso don: a linguaxe. As ilustracións evocan ese ambiente oriental tan importante no texto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario