30/09/14

A raíña de Turnedó

No coidado labor de recuperación de grandes libros da Literatura Infantil e Xuvenil, ofrécenos  Kalandraka este libro que xa publicara a editorial Xerais en 1996. Un álbum cuxas ilustracións non deixan indiferente. Falamos de A raíña de Turnedó de Gloria Sánchez con ilustracións de Pablo Otero. Un libro surrealista, cheo de humor e disparate que busca a complicidade dos lectores, continuamente interpelados en cada páxina para que participen coas súas accións, indicando en cada momento que deben facer para acompañar o texto (coido que vai funcionar de marabilla utilizándoo de contacontos): aplaudir, axclamar, animar, berrar... de todo haberá que facer como público que camiña a carón destes excéntricos personaxes dunha corte real.
O libro está inspirado nunha coñecida rima do folclore infantil inglés: "The house that Jack built"; o texto medra mediante a acumulación de elementos que interactúan uns cos outros. (Grazas, unha vez máis, María Jesús!)




Ningún comentario:

Publicar un comentario