21/10/14

Cocido sinfónico


Un novo álbum-disco publicado pola editorial Galaxia cheo de humor, con alegres ilustracións de Dani Padrón, e das voces dos Tres Tenedores, este Cocido sinfónico absolutamente delicioso para comer a calquera hora, con pan, sen el, con pouco sal ou con moito, xa que poderá dixerirse a gusto de cadaquén. O que é seguro é que se repetirá. Porque un cocido a base de música évos unha cousa ben especial: sabor a rap, sabor a rock... sempre con moita simpatía.  Esquecede a tristura, os desgustos, e os condimentos: deixádevos levar polo alegre pracer da música.








Ningún comentario:

Publicar un comentario