20/10/14

O homiño vestido de gris e outros contos



Unha das marabillas recuperadas pola editorial Kalandraka é este O homiño vestido de gris e outros contos de Fernando Alonso con ilustracións de Ulises Wensell; oito relatos cheos de poesía que falan de temas intemporais: o valor da palabra, a solidariedade, a tenrura, o amor, a xustiza, a liberdade... O que máis sorprende destes relatos é a súa delicada beleza dentro dun discurso enigmático que foxe desa linguaxe politicamente correcta que tantas veces impregna a literatura infantil.
As ilustracións son asemade exemplares, case expresionistas, e tamén cheas de lirismo. 
A verdade é que resulta imposible ler o primeiro relato e non seguir. A mágoa é que sexan tan só oito.






Ningún comentario:

Publicar un comentario