10/10/14

O violín de Rembrandt

Non me gustou este libro, Premio Blanco Amor 2013, publicado pola editorial Xerais. O seu autor é Jorge Llorca Freire e o título do mesmo O violín de Rembrandt. A verdade é que non lle atopei ese humor do que falan e ademais coido que é ben inverosímil. Recoñezo que podo estar eu pouco receptiva, pero un libro que non é moi longo, custoume rematalo, aínda en contra dos Dereitos do Lector. Todo nela seméllame desmesurado, como a presenza dun célebre empresario téxtil galego, ou o tema das obras de arte. Non consegue enganchar e non me parece sequera que estea ben construída, nin o relato nin os personaxes. O que máis me alucina é ler que estea chea de humor, a verdade. Quizais sexa un humor moi fino que eu non chego a entender. Ritmo contaxioso? Definitivamente, ando errada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario