22/10/14

Pequeña y grande Coco Chanel

A editorial Alba comeza unha interesante colección de álbum ilustrados sobre mulleres que souberon entrar na Historia dos homes facéndose un oco. O primeiro título é Pequeña y grande Coco Chanel  de Ana Albero e Mª Isabel Sánchez Vegara. Gustáronme as ilustracións, como moi de época, aínda que coido que o texto queda algo coxo por no profundar o suficiente: sendo un álbum ilustrado as posibilidades de xogo amplíanse. Agardaba máis, xa que a colección promete e segue a ser moi necesaria. Agardo que os próximos títulos me gusten máis.



Ningún comentario:

Publicar un comentario