En España, unha familia é desafiuzada cada 15 minutos porque non pode
facer fronte á súa hipoteca ou aluguer. Este documental presenta esa
realidade no contexto da sociedade galega, contando as historias das
familias que perderon a súa vivenda e analizando os porqués desta
situación. Pobreza, mobilizacións sociais e unha resposta polo de agora
insuficiente por parte dos gobernos son os elementos deste problema que
está condenando a centos de familias á exclusión social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario