23/12/14

55

Agardamos hoxe a cita tan esperada con Xavier Queipo no noso Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Silleda para falarmos arredor do seu libro 55 publicado por Xerais. Un conxunto amplo e heteroxéneo de relatos, unha compilación de narracións breves espalladas por xornais, revistas ou carpetas que non teriamos a mans se non fose por este libro. Estas historias son moi diferentes na súa temática, xa que algunhas están extraídas de experiencias persoais, outras son, simplemente, soños. E todas son Literatura dividida en seccións: ocupan un amplo espazo os relatos marítimos; relatos onde destacan as viaxes e as aventuras épicas, viaxes que nos levan a lugares onde os homes viven en situacións extremas. Asemade, teremos relatos con lembranzas persoais e textos de divulgación científica, onde a narración cínguese á descrición científica.
Así pois, 55 relatos onde o autor pousa 55 anos de existencia, existencia viaxeira que arrecende nas palabras, con sabores, cheiros, humidades ou choivas.






Ningún comentario:

Publicar un comentario