31/12/14

Juanito Diminuto

Edición de Álvaro de Cuenca e Luis Alberto de Cuenca para este Juanito Diminuto (como diminuta é a edición) de Wilhelm Busch en Reino de Cordelia. Un clásico xenial que debemos coñecer, un anano en verso que contén acción, paixón e sobre todo moito sentido do humor.
 Para publicar esta versión, traducida e adaptada a verso por Álvaro de Cuenca e Luis Alberto de Cuenca, traballouse con dúas edicións do orixinal alemán, unha datada o mesmo ano da morte de Busch, 1908, e outra de 1964 onde se recolle a maqueta orixinal do conto, bocetada e escrita a man polo autor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario