05/12/14

Un monstruo muy especial

Ata dentro de familias monstrosas, hai monstros ben riquiños. Este é o caso de Un monstruo muy especial de Angela McAllister e Alison Edgson publicado pola editorial Elfos. Ligado a Un pesadelo no meu armario, esta sorpresa de monstro é coma un osiño de peluche que se quere apertar. Un monstro doce e amigable que resulta adorable. Por que non pensar en monstros así cando haxa pesadelos nocturnos? Un novo álbum sobre a aceptación dos seres diferentes.Por que "Sorpresita" non vai levarse ben cos seus irmáns "Espantoso" e "Horroroso"? Déixemonos asustar -ou acariñar- por un monstro tan lene.




Ningún comentario:

Publicar un comentario