Vía
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
31/01/15
A avoa adormecida
Kalandraka comeza o ano 2105 agasallándonos cun álbum sobre a importancia do amor, dos recordos, e de como enfrontarse á morte, á enfermidade. Un álbum ben fermoso de Roberto Parmeggiani ilustrado por João Vaz de Carvalho co título de A avoa adormecida. Unha avoa que é unha figura importante para o seu neto, tanto que este non permitirá que o tempo do esquenzo se faga realidade. Un texto poético, ás veces acumulativo, que desprende tenrura para afrontar o tema da perda sen asolagarnos de tristura; e é que o tema está tan ben tratado que semella afastarse de si mesmo para gardarnos un anaco de vento, de ceo, de amor, de seres queridos que xogan coa lúa e o sol, porque sempre estarán no noso corazón. Un corazón que foi formado coa palabra da lembranza, do xogo do amor, ese amor que só poden dar avós e avoas.
Deliciosamente tenro.
Deliciosamente tenro.
Pasos
Aparentemente feminista, este anuncio xoga coa banalización. A verdade é que enche de enerxía positiva a calquera muller que o vexa, pero reforza o clixé: as mulleres que por el pululan son nais, heterosexuais, por suposto, con corpos normativos e con aspecto estupendo; non existe variedade e son felices; e por suposto, saben coidarse e encántalles facelo. Tamén é porque o poden permitir.
Vía
Rojo o por qué el bullying no es divertido
O novo título da editorial Tramuntana vén para lembrarnos un grave problema que sofren algunhas persoas, o bullying. Rojo o por qué el bullying no es divertido é de Jan de Kinder, e nel aborda como o que semella nun principio unha broma sen importancia pode resolverse como unha bóla de neve que cada vez vai a máis ata non saber como parala. Como atacar o bullyiing? Como educar para que este non exista?
Non está á altura de Juul, pero é un libro que paga a pena e que debe estar en todos os centros de ensino para ser utilizado.
Paz ilustrada
Abrir este blogue e saber que xa teño novo post para o Día da Paz é todo un. Irresistible! Aquí tedes, pombas da paz.
Ilustración de Arkady Zaifman
Ilustración de Kazu Nitta
Ilustración de Juan Osborne
Ilustración de Maria Corte Maidagan
Ilustración de Marie Lafrance
Ilustración de Matilda Harrison
Ilustración de Gürbüz Doğan Ekşioğlu
Ilustración de Beatriz Menendez Aldabe
Ilustración de Adam Niklewicz
Ilustración de Eszter Schall
Ilustración de Shiori Matsumoto
Ilustración de Yuko Hosaka
Ilustración de Iker Ayestaran
Ilustración de Alexander Yanin
Ilustración de David Popiashvili
Ilustración de 'Ercan Baysal
Ilustración de Etienne Delessert
Ilustración de Esao Andrews
Ilustración de Hatem Aly
Ilustración de Jim Tsinganos
Ilustración de Mihai Criste
29/01/15
Érase una vez en Francia
Máis cómics sobre guerras, agora imos novamente coa Segunda Guerra Mundial. Publicado pola editorial Norma en tres tomos,os autores son Fabien Nury e Sylvain Vallée quen se inspiran nun personaxe real para crear unha historia de se achega ao xénero negro e que nos lembra a unha serie mafiosa como poder ser "O Padriño". Todo isto nun París dominado polos nazis.
Conta por tanto a historia de Joseph Joanovici, un home humildo feito a si mesmo, sen estudos pero listísimo para os negocios, capaz de negociar con quen sexa e ao mesmo tempo tentando defender aos seus, se iso non supón perigo para o seu estatus económico. Debuxo e historia conforman un cómic de impecable factura e extraordinaria realización, interesantísimo... durante os tres tomos.
Absolutamente recomendable!
28/01/15
Degenerado
Sigo coa lectura de cómics sobre guerras e chego a esta curiosa historia real que recolle Chloé Cruchaudet e que publica Dibbuks: Degenerado conta a historia de Paul Grappe e a súa cónxuxe Louise. El faise dersertor na Primeira Guerra Mundial e vese obrigado a agocharse para que non o deteñan. Como saír desa situación? Cambiando de identidade e converténdose en Suzanne. Apaixoante personaxe que se irá facendo dona do verdadeiro Paul, controlándolle a súa vida. Así, a lascivia nocturna, a liberdade sen prexuízos, será detonante para que a muller se apodere do home; isto terá como consecuencia a relación tormentosa coa súa cónxuxe, que non comprende o cambio do home e a aceptación total dunha nova identidade que non lle pertence.
Dez anos despois, os desertores son aministiados. Pode volverse á normalidade tantos anos despois? As consecuencias serán impredicibles.
O abismo, a sexualidade, as relacións de parella, a loita pola identidade... estes temas conforman un cómic que levou moitos premios, como por exemplo o Premio do Público do Festival de Angoulême
2014.
Coido que é un cómic que paga moito a pena. Non só pola historia, senón tamén polo uso da cor da autora, xa que predominas as cores apagadas e entre elas resalta o vermello para destacar obxectos importantes dende un punto de vista narrativo.
Esperanza educativa
Dende o campamento de Dadaab en Kenia, o corresponsal de UNICEF Thomas
Nybo recolle o testemuño dunha refuxiada somalí de 13 anos que topou a forza na escola e defende a educación.
27/01/15
26/01/15
El año del conejo
Gustoume moito este cómic que ademais axúdame a saber máis da historia de Camboia, aínda que quedo coas ganas de ler a segunda e a terceira entregas. Estou a falar de El año del conejo de Tian que publica Sins entido. Unha historia real acontecida á familia do autor, que viviu o chamado "xenocidio camboiano". En abril de 1975 estableceuse unha ditadura que destruíu as cidades e obrigou a vivir no campo, sometendo a poboación a traballos forzados, aplicando métodos de detención, tortura e asasinato en masa. O autor recolle o testemuño dos seus familiares, xa que el naceu xusto tres días despois da toma do poder por arte do "Jemeres rojos", acontecemento que tamén lemos no cómic. Neste libro vemos como a familia tenta fuxir do totalitarismo instaurado e o seu réxime de terror, que aplica eficazmente a conquista do medo e a violencia.
Resulta ben interesante ler estes cómics comprometidos en denunciar a violencia das guerras, dos conflitos bélicos, da perda da humanidade e dos "pequenos milagres" que devolven a esperanza nesta.
Enséñame pero bonito
Documental que amosa diferentes experiencias educativas alternativas ao modelo tradicional de aprendizaxe.
25/01/15
Mi querida Babel
Isto non é un libro, é un estoxo, un libro-obxecto, con texto de Juan Pablo Silvestre, ilustracións de Ana Juan (un luxo!), con deseño gráfico de Óscar Mariné e un CD, todo isto publicado por La Mano Cornutta. Esta obra de arte incide na homenaxe ao papel, Fedrigoni, co que está feito o libro e o traballo artesanal de ilustración e deseño en tempos dixitais. Mi querida Babel é un mantra formado por nomes de muller de todas as culturas do mundo. A canción, con letra de Juan Pablo Silvestre e música de Eliseo Parra, escrita para "A Boa" converteuse na sintonía de "Mundo Babel", programa de radio. Non CD hai unha selección das mellores versións da canción por diferentes intérpretes en todos os xéneros e estilos musicais.
E se vos falo disto, a culpa tena a amiga Helena e os seus reis!!!
24/01/15
Fire Waltz
Unha vez máis, o blogue compañeiro e veciño do IES Aller Ulloa axúdame a traer unha boa curta:
Inverno
1917, no fondo dunha trincheira, mestúranse os ruídos estarrecedores da
guerra coa música improvisada con instrumentos casuais. Neste mundo
onde a tolemia axexa, a «alta xerarquía» segue facendo chegar as súas
ordes como unha mecánica sen conciencia.
Nesta película de animación, Marc Ménager mergúllanos nun relato no que a propia materia se volve personaxe. Fire Waltz é tanto unha película de cineasta como de cirurxián plástico.
Nesta película de animación, Marc Ménager mergúllanos nun relato no que a propia materia se volve personaxe. Fire Waltz é tanto unha película de cineasta como de cirurxián plástico.
Auschwitz
Preparando o Día da Paz achégome a cómics novos coma este, que con tal título é esperable o que imos atopar: o horror máis desesparado provocado pola Segunda Guerra Mundial. O autor de Auschwitz é Pascal Croci e a editorial, Norma. O autor entrevista a persoas que sobreviviron á matanza deste campo de concentración para crear esta obra, dura e certeira. Ilustracións realistas e tráxicas que teñen como obxectivo impedir que as voces das vítimas se esquezan, que as novas xeracións teñan sensibilidade suficiente como para non permitir que se repitan barbaries coma esta... aínda que vendo o que está a ocorrer ao noso arredor, hai moitos días que perdo a esperanza.
Resulta moi interesante asemade porque o libro comeza na antiga Iugoslavia, en guerra, nunha situación que fai que os protagonistas lembren de novo o que xa viviran de mozos. Nese mesmo momento, trasladámonos ao campo de concentración de Auschwitz. Hai entón unha especie de ensinanza moral xa que o autor condúcenos dunha guerra a outra para reflexionar sobre o pouco que aprendemos desta barbarie, que non deberiamos cometer os mesmos erros do pasado, pero a guerra balcánica descobre que a historia é cíclica e que os seres humanos tendemos con frecuencia a deixar de selo.
Por suposto, nada novo nos di este libro. Resalta polos debuxos, coido eu, e o seu realismo sen ataduras, en branco e negro, con persoas que son mortos vivintes de faces anémicas.
Ao final do cómic, páxinas de información sobre as testemuñas coas que o autor falou para escribir este libro.
Non é Maus, pero está bastante ben, coido eu.
23/01/15
El regreso de Ulises
A editorial Nórdica é unha desas editoriais que publican libros irresistibles, coma neste caso El regreso de Ulises de Alberto Manguel ilustrado por Max. Autor e ilustrador xeniais xuntos! Manguel recolle o mito de Ulises para falar de exilio, de desprazamento e non pertenza. Ulises regresa á súa terra, si, pero para non comprender o mundo que o rodea; Ítaca é un lugar que non se asemella a aquel que el deixou, as rúas son irrecoñecibles, e os nenos búrlanse dos vellos mentres os desarraigados poboan a vila.
Unha fábula actual revisitando un clásico que axudará a cavilar sobre os nosos tempos. Un libro irresistible.
Unha fábula actual revisitando un clásico que axudará a cavilar sobre os nosos tempos. Un libro irresistible.
“Cada nuevo puerto, cada nuevo encuentro le habían hecho sentir un
extranjero de una manera cada vez distinta, y sus institintos se habían
afinado atentos a ciertos sonidos, a ciertas imágenes y olores: una
puerta cerrándose en sus narices, la ceja arqueada de un burócrata
manoseando su pasaporte, el olor dulzón a podredumbre de una comida
ofrecida por un alma caritativa a través de los barrotes de un centro de
detención. Un hombre que había conocido allí le había dicho: – Un
exiliado es siempre un exiliado.”
Comerte a versos
Poesía nas rúas de Madrid. A ver se en Lalín chegamos a algo semellante, proximamente...:
22/01/15
Roedores
Non me podería resistir a un álbum ilustrado polo amigo Rodrigo Chao. E aquí está: Roedores conta con texto de Alex Sampayo e Borja F. Caamaño e está publicado por Redrum Teatro. Este álbum está ligado a un espectáculo teatral para nenos e nenas de 3 a 12 anos e pretende fomentar a igualdade coas aventuras do hámster Peludiño e da rata Munda. O álbum conta a historia dos protagonistas antes de comezar o espectáculo teatral.
Dende o meu punto de vista, o texto do libro coxea e non está ben redondeado. Se está escrito como preludio dunha obra pode ser interesante, non coñezo a obra teatral, pero a min defraudoume porque a intención de igualdade non está ben explotada.
21/01/15
Siembra un beso
Precioso álbum de Amy Krouse Rosenthal ilustrado por Peter H. Reynolds que publica Océano Travesía: Siembra un beso. Un libro que fala da importancia do amor e da xenerosidade que este conleva, todo isto a través dunha metáfora onde o beixo é unha semente que xermola. Así, a capacidade do amor é tal que é inesgotable, xa que a súa natureza é totalmente marabillosa. O libro está publicado con purpurina brillante de cores, con textura gomosa, que lle aporta un
bonus táctil á obra