11/01/15

De vez en cuando

Dentro da mesma colección que mencionamos antes -"Corazonadas"-, da editorial Hotel Papel, está este álbum de Anna Herbauts, De vez en cuando fala do paso do tempo, das apertas que ás veces nos dá a vida, dos baleiros que nos deixa, das expectativas que nos crea. Porque todo isto, xunto, conforma a vida, que de cando en vez deita sorpresas, tristuras, ledicias, imaxes e lembranzas que imos agochando no noso interior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario