15/01/15

Desigualdade de Xénero no mundo

 Visto no blogue "Crea y aprende con Laura":

O Informe anual Global de Xénero publicado a fins de outubro polo Foro Económico Mundial examina a disparidade entre homes e mulleres en cuestión como a saúde, educación, economía e política.

NON HAI NINGÚN PAÍS NO MUNDO 
NO QUE UNHA MULLER COBRE TANTO COMA UN HOME.

A conclusión do informe fala dun progreso tanto nas economías desenvolvidas como nas emerxentes. A igualdade de xénero está mellorando en todo o mundo, impulsada pola participación das mulleres en áreas políticas e económicas e a súa maior incorporación como forza de traballo.
 
Islandia é o país como maior igualdade de xénero.
Segundo este informe, os dez países do mundo con menor desigualdade son os seguintes:
  1. Islandia
  2. Finlandia
  3. Noruega
  4. Suecia
  5. Dinamarca
  6. Nicaragua
  7. Ruanda
  8. Irlanda
  9. Filipinas
  10. Bélxica

Ningún comentario:

Publicar un comentario