03/01/15

Estación Nadal

Aínda non comprastes os Reis? Aquí vos vai unha nova suxestión: Estación Nadal, un libro-CD de Mamá Cabra que publica Galaxia con ilustracións de Kristina Sabaite. Un libro que nos lembra que existe unha quinta estación, ademais das catra de sempre; e esta estación non é outra que o Nadal, un tempo de vacacións e de cancións, de panxoliñas e diversión. É por iso que estas son cancións polas que pasan ou ben o Apalpador ou ben os Reis Magos... e mesmo os dinosauros.


Ningún comentario:

Publicar un comentario