Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
20/01/15
Luna y la habitación azul
Coa dozura que caracteriza á editorial Corimbo, chega este álbum de Magdalena Guirao Jullien e Christine Davenier, Luna y la habitación azul. Unha nena, Luna, soñadora, tranquila, que ama un mundo de seu cheo de imaxinación. E nese mundo xoga un papel importante un lugar, azul, onde se mergulla nun escenario que nos transporta a románticas paisaxes inglesas. As ilustracións aquí cobran un especial protagonismo para contrastar o azul das paredes co pantalón vermello e o xersei verde da protagonista e o cadeliño tamén vermello, sempre acompañados dun lapis vermellos que dota de movemento e luz aos soños. Con esa liña vermella seremos quen de saltar, correr, xogar. Todo isto dotado dunha elegancia especial.



Ningún comentario:
Publicar un comentario