01/02/15

Coller as rendas


Na estupenda colección "Merliño" da editorial Xerais podemos atopar a nova criatura dun tándem que empeza a ser habitual: Yolanda Castaño e Xosé Tomás crean Coller as rendas, poesía infantil que enarbola a bandeira do respecto, esa que permite que cadaquén escolla un seu camiño, sen imposicións de raza nin de estados. E para defender esta escolla, a autora elixa animais, seres vivos que poucas veces son obxecto de trato poético, como carrachas, escaravellas, berberechas… e que son obxecto de rima e ritmo xunto cunhas ilustracións tan acaídas que mesmo amosan o proceso de creación das mesmas, como se a través dos bosquexos tamén puideramos interpretar esa necesaria liberdade de todo ser vivo, para advertir ao lector/a de que a escolla do ilustrador provén precisamente da súa liberdade creativa. Porque el, asemade, escolleu o seu camiño, como consegue amosarnos a autora con cada un dos poemas, cada un dos protagonistadas da dobre páxina, nunha femosa edición.





Ningún comentario:

Publicar un comentario