O documental amosa como a partir dun exercicio cinco persoas modifican os seus puntos de vista iniciais. Busca resaltar a importancia do proceso de reflexión persoal na conformación das opinións sobre determinados temas. Por que pensamos o que pensamos? Pensariamos de xeito diferente nun contexto diferente? Que é o que conforman as nosas opinións iniciais e que xera que se modifiquen? Presenta unha mirada política atrevida que asevera que seguramente son menos as cousas que nos afastan das que nos unen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario