01/04/15

Atilio

A editorial Libre Albedrío publicou no 2014 este Atilio de Fran Pintadera e David Guirao, un álbum para amantes de libros posto que fala dun rato de biblioteca que vive numerosas aventuras grazas ás lecturas tan proveitosas que realiza. Claro que este Atilio é un Quixote que ve perigos onde realmente non os hai, nunha clara homenaxe a este libro universal.
A lectura como xogo labiríntico é a que nos presenta este álbum que sorprende cos seus xiros. A fantasía como protagonista, pero cos pés na terra, porque a lectura é para gozala mentres vivimos na nosa propia realidade. O rato é un neno que vive aventuras imaxinables, soños con dragóns e feroces inimigos; todo por amor. Por iso este álbum convértese nunha referencia constante a que nunca debemos perder o dereito a soñar.






Ningún comentario:

Publicar un comentario