Publica a editorial A buen paso este orixinal álbum de Pep Bruno e Carla Besora con formato apaixado -como unha caixa de bombóns- e historia maxinaria: Buñuelos de Huracán é a historia dunha pasteleira que posúe o segredo dunha receita ben especial, uns buñuelos que poden transportar a quen os coma a un lugar ao que sempre se quixo ir para topar a felicidade. O libro ten un pequeno texto ao comezo e ao final, mentres que o resto pousa a súa forza nas ilustracións: son elas as que nos levan pola man ao onírico, a forza dos soños sobre a realidade e a meta para alcanzalos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario