Pois... non sei moi ben que opinar deste libro! Ante a miña primeira reprobación polo uso do inglés, despois de escoitalo e lelo anda a maquinar algunhas opción para traballalo coa profa de inglés. Veño de pasarllo e coido que para o curso próximo poderemos tirarlle partido a esta idea bilingüe.
Estou a fala do libro publicado por Xerais, Sira e o robot. Adventures on Titan de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira, un mozo de Lalín -e iso gaña puntuación aquí, claro está- que forma parte do grupo "Ataque Escampe".
Un avance dun futuro non moi afastado onde o inglés é lingua coofical en Galicia -se fose canda o castelán, desgraciadamente, sería máis crible-. Un mundo ben aburrido é o que se nos ofrece neste libro onde a infacia se pasa estudando e sen amizades reais agás a dos robots e onde a música é esencia de fuxida intelectual. Será precisamente a música quen salve a vida aburrida da protagonista e quen nos indique o camiño da salvación.
O libro vén acompañado dun CD onde poderemos escoitar a historia contada e cantada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario