29/07/15

Irma Sirena

Con texto de Antonio Tabucchi e ilustracións de Gabriella Giandelli publica Libros del Zorro Rojo Irma Sirena,  o primeiro conto de Tabucchi nun álbum que fala de desasosego, de nostalxia, de amizade, de infancia. Pero tamén fala de tenacidade, de facer posibles os soños, de loitar por eles, de non abandonar na súa procura. Calidade literaria ilustrada, porque as ilustracións non desmerecen para nada o texto, a conxunción converte o álbum nun elemento especial que procura unha sensación tenue de morriña. Esa que non nos sacudimos nunca.




Ningún comentario:

Publicar un comentario