Libros del Zorro Rojo recupera os textos de Max Aub para publicar xunto coas ilustracións de Liniers este libro vermello e negro titulado Crímenes ejemplares, compendio de testemuños anónimos, disparatados dentro do razoable, que resultan motivos xustificables para cometer asasinatos. A verdade é que non resulta unha lectura ben agradable, só de pensalo! Tanto no texto como na ilustración impera unha liberdade absoluta; chama a atención as ilustracións dun ilustrador que sabe dialogar á perfección cos textos, moi lonxe do seu "Macanudo" onde a inxenuidade é case unha característica única; aquí sobresae a violencia e os trazos rápidos veñen marcados por ela, coiteladas bicrómicas que non deixan opción á ningún tipo de ensoñación. Humor negro, por tanto, para un libro reescrito durante anos onde o grotesco é o protagonista esencial: «Siempre que pude evité la
monotonía, que es otro crimen». Ademais, esta edición inclúe as seccións De suicidios», «De gastronomía» e «Epitafios».




Ningún comentario:
Publicar un comentario