Kenneth Steven e Øyvind Torseter (re)crean en La historia de por qué los perros tienen el hocico húmedo publicado por Barbara Fiore un divertido diluvio universal. Unha antiga lenda norueguesa narra como cando o mundo viña de nacer, comezou a chover, de tal xeito que non paraba nunca e a terra asolagábase; así, un home de nome Noé construíu unha gran arca de madeira e nela meteu canta criatura puido e atopou, grandes e peguenas, asquerosas ou non. Iso si, sempre coa súa parella! Pero deuse o caso de que alí había un cadeliño só, un can palleiro, vaia, e el só logrou a salvación de todas as especies que alí había, incluída a humana. Non vos digo como!




Ningún comentario:
Publicar un comentario