Barbara Fiore publica en gran formato este divertido álbum de Oren Lavie con ilustracións de Wolf Erlbruch: El oso que no estaba é ante todo unha viaxe na procura dun mesmo, tratado con humor e tenrura. Quizais buscarse a si mesmo é difícil, saber quen é un e que pode facer, ata onde pode chegar, o carácter real que temos... quizais haxa que atopar outras perspectivas que nos axuden a nos definir. Así, esas outras opinións poden ser da gran valor, como o serán neste álbum eses pintorescos personaxes que nos presentan con nomes inesquecibles: "a Vaca Valerosa, a Lagartija Lánguida, o Pingüino Pintoresco e a Tortuga Taxi". Así pois, estamos ante un álbum de lectura intelixente que nos provoca ao mesmo tempo tenrura, humor, ironía e un petisco de filosofía, adubiados todos eles coas ilustracións sempre perfectas de Erlbruch, ben coñecido.
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
20/09/15
El oso que no estaba
Barbara Fiore publica en gran formato este divertido álbum de Oren Lavie con ilustracións de Wolf Erlbruch: El oso que no estaba é ante todo unha viaxe na procura dun mesmo, tratado con humor e tenrura. Quizais buscarse a si mesmo é difícil, saber quen é un e que pode facer, ata onde pode chegar, o carácter real que temos... quizais haxa que atopar outras perspectivas que nos axuden a nos definir. Así, esas outras opinións poden ser da gran valor, como o serán neste álbum eses pintorescos personaxes que nos presentan con nomes inesquecibles: "a Vaca Valerosa, a Lagartija Lánguida, o Pingüino Pintoresco e a Tortuga Taxi". Así pois, estamos ante un álbum de lectura intelixente que nos provoca ao mesmo tempo tenrura, humor, ironía e un petisco de filosofía, adubiados todos eles coas ilustracións sempre perfectas de Erlbruch, ben coñecido.



Ningún comentario:
Publicar un comentario