18/10/15

A amiga de Osiño

Que absolutamente deliciosos son estes libros de Else Holmelund Minarik ilustrados por Maurice Sendak que está a publicar Kalandraka!!! O último que temos entre as mans é A amiga de Osiño, un máis a unha colección que conserva a tenrura pasada e que conta con ilustracións que nos falan de antigos gravados, de personaxes entrañables; desta volta da amizade e da tristura que supón a separación, aínda que sempre queda a ledicia do reencotro e a posibilidade da comunicación. Será que quen ten un amigo ten un tesouro. Claro, se este é de verdade. E aquí non hai máis posibilidade ca esa. Que marabilla!



Ningún comentario:

Publicar un comentario