21/10/15

Onde está o poliño de Rosalía?

Onde está o poliño de Rosalía? é a segunda parte de O paseo de Rosalía, un clásico de 1968 de Pat Hutchins que a editorial Kalandraka rescata para nós. Esteamos atentos a unha lectura que nun principo semella moi sinxela, xa que estamos ante un dobre xogo: a palabra e a imaxe. Porque mentres que coa palabra acompañamos a mamá galiña na procura do seu pitiño, a imaxe lévanos acompañando ao pitiño por lugares ben perigosos e con compañías que nos quitan o alento de puro medo que nos dá a insensatez deste pequerrecho que descoñece os perigos reais que lle agardan. Iso si, nada malo pasa senón que ambos se reencontran para pasearen xuntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario