Publica Xerais este libriño máxico para ler ás escuras, Onde viven as fadas? de Ignasi Valios i Buñuel, un libro para ler e xogar, un libro do que se pode tirar moito rendemento na casa con nenos e nenas. Adiviñas que só teñen solución cando prendes ou apagas a luz. Un libro que é un xogo, é dicir, un tesouro. Un agasallo seguro neste Nadal. Un agasallo que atrapa a maxia e o misterio dos libros, das fadas e dos xogos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario