A guatemalteca Rebeca Lane formouse como rapera dende a poesía, aceptando o legado dunha tía poeta desaparecida na década dos oitenta. Seducida pola cultura hip hop, a súa escritura comezou a derivar cara a formas que permitían ser rapeadas en cancións, coverténdose nunha pionera do rap feminista en Guatemala. Socióloga anarquista, asegura que a súa arte nace do cuestionamento da propia identidade e das construcións sociais que a configuran, e concibe os seus temas coma se fosen ensaios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario