En edicións Babylon podemos atopar este chamativo álbum de Jorge Monreal, Tanabata podemos lelo en español e en inglés e conta unha historia de amor xaponesa (e xa sabedes do meu amor por esa cultura...) En realidade, o Tanabata é unha festividade xaponesa que se celebra unha vez ao ano e que está baseada nunha lenda ancestral; o que fai o autor é recollela para agasallarnos unha adaptación ilustrada delicada e absolutamente fermosa, onde destaca o onírico dunha historia de amor entre un pastor e unha filla de deuses; as ilustracións son espectaculares, sobre todo, as faces e os fondos que funcionan para que sobresaia o aire de lenda cunhas páxinas asolagadas pola pintura.



Ningún comentario:
Publicar un comentario