Montse Fajardo preséntanos en Matriarcas. Mulleres en pé de vida dez historias de vida e memoria sobre a guerra civil e as súas devastadoras consecuencias. Mulleres que sufriron e que grazas á autora forman parte da nosa memoria colectiva, dende todos os perfís. Porque sobre todo, o libro é un enxalzamento da muller, do seu traballo, do seu silencioso sufrimento. Matriarcas reflicte o que quedou, as consecuencias marcasa a lume para as mulleres. E tamén o machismo social. Porque a represión sempre vai máis alá do que está a simple vista, e a autora consegue entrevistar a estas mulleres reflectindo fielmente o que contan sen a súa intervención. A fame, tremenda, a violencia do fascismo, a crueldade, e o papel das mulleres como sustento, apandando con todo, sendo os piares fundamentais nun matriarcado que significa que as mulleres teñen que facelo todo, mesmo prostituírse, para sacar adiante a familia.
Gloria Lijó, Amalia Limeres, Pilar Iglesias, Waldina Pereira, Delia
Núñez, Carmen Trigás, Luz Durán, Rosario Rodríguez, Tareixa Navaza e
Carmen Meaños deixan a súa voz na pluma de Monse Fajardo para que esta nos transmita canto de crueldade hai nun mundo que ás veces queremos esquecer.

Gracia, non puiden acudir ao clube de lectura, por motivos persoais, pero mira: Penso que a autora non pode titular un libro "Matriarcas en pe de vida", cando na dedicatoria xa di: "A tódalas mulleres que levan sobre os seus ombreiros O PESO da súa vida"... Vaia dedicatoria... Continua despois no limiar se te fixas ben: "Baixo a choiva... Axeonllada... Ou o que di, ademais, "O peso DO IMPORTANTE, O PESO DO SAL DAS SÚAS VIDAS... Non quixen continuar lendo porque xa sabía o que ía escribir no libro "Un cesto de mazás" e tamén en "Matriarcas"... Se se trata a igualdade de xénero débese partir dunha posición de valentía, as mulleres das que fala a autora sacaron este país adiante pero tiveron unha idea moi clara que pedían a súa liberdade non pedían ser iguais. Non pedían iso. Por iso xa non se trata da igualdade, senón da liberdade de xénero. Hai que ir más alá e é necesario levar esto aos extremos. E desculpa se teño faltas de ortografía, hai moitos anos que deixei de estudiar por ter unha das enfermidades máis severas de este mundo, o feito de non poder seguir estudiando foi a frustración da miña vida. Un saúdo, e aperta forte.
ResponderEliminarPrecisamente do que fala nos dous libros é da liberdade, liberdade para pensar e ter ideas diferentes ás do bando nacional... e fala das represaliadas, de todo canto sufriron por mor dunha guerra civil inxusta e as súas consecuencias.
ResponderEliminar