26/02/16

Los amigos

Kazumi Yumoto é a autora de Los amigos, novela publicada por Nocturna, que fala de medrar e de descubrir a vida e con ela a morte; fala de medos e tempestades, de estudos e amizades. É, por tanto, un texto de iniciación que paga moito a pena ler, xa que é unha historia sinxela, curta, amable e potente. Tres nenos que van iniciar novas experiencias e descubrirán as súas propias personalidades entre o medo e a esperanza, nunha metáfora vital que non fuxirá de cicatrices na traxectoria de facerse maiores. Ademais, coido que como algo propio da cultura xaponesa, o libro detense naqueles momentos máxicos e mínimos que a natureza nos ofrece, aqueles que entran polos sentidos, xuntándose cos puramente emocionais.
Por iso, sentimos como imos medrando canda estes protagonistas polas súas páxinas, porque a vida agasalla e tamén resta, ofrece e quita, sorri e chora. A todos e cada un deses momentos debemos enfrontarnos e debemmos ter as armas precisas para encaralos. E o libro dános sentido e sentimentos, significados e preguntas. Por todos pasamos de crequenas mentres nos mergullamos nunha lectura que deixa pouso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario