23/03/16

A música das árbores

Libro disco publicado por Xerais de Anxo Moure con Servando Barreiro, ilustrado por Chus Láuzara: A música das árbores é unha poesía cantada que reivindica o valor da natureza e, asemade, da nosa lingua. O libro, e o CD, é un conto; un conto que nos fala de varios personaxes coma Graciano, zoqueiro e gaiteiro que descobre a música das árbores, e fainos cómplice dela pois poderemos escoitala, xa que a narración vese interrompida de cando en vez pola canción e a música (no libro está sinalada cunha nota musical a carón do título). 
A iniciativa paréceme ben fermosa; conxugar narración, música e poesía e mesmo ilustración -aínda que esta non teña sido en demasía do meu agrado- e sobre todo falar da harmonía da natureza -tan pouco respectada- porque esta ofrece sinxeleza e harmonía, características que faltan a humanos e humanas.


Músicos:
Servando Barreiro: voz, guitarra e concertina.
Gonzalo R. Caride: gaita galega en re, frauta doce, chalumeau, tín Whistle, asubío, frauta traveseira en re e Vlolín.
Maica Álvarez: zanfona, didgeridoo e voces.
Mauro Garrido: violoncello.
Suso Feixon: percusións.
Cesar Freiria: home orquestra.
Crisina Fernández e Marta Fada voces.
Oliver, Antia, Rochi e Chus: coros.
Dirección e produción artistica: Servando Barreiro
O disco foi gravado entre setembro e decembro de 2014 nos estudios Son Feixon de Beade, Vigo, con MIG SEOANE como técnico de son.




Ningún comentario:

Publicar un comentario