27/03/16

¡Eso no es normal!

Mar Pavón e Laure Du Faÿ son as artífices de ¡Eso no es normal! publicado por Nubeocho. Pensado para primeiros lectores porque as letras están en maiúscula, afonda no respecto cara a todo aquilo que nos semella diferente, ou que foxe dos cánons establecidos... non sabemos por quen. Pero o álbum resulta ben atractivo para falar de respecto, diferenzas, amizade, convivencia... Unha vez máis, a editorial presta especial atención a estes aspectos. Porque o normal é ser diferente, e o normal é respectarnos. Así, os protagonistas do libro aprenderán que todo é normal e só depende do noso propio punto de vista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario