21/03/16

Se non é "si", é "non"


 Se non é "si", é "non"
‘Si no es sí, es no’.

Este é o lema dunha campaña de Project Consent, un proxecto que tenta erradicar a (in)cultura da violación, a normalización da violencia machista en amplos sectores da sociedade. A iniciativa conta con tres vídeos de animación nos que explica dun xeito moi sinxelo que é o consentimento. 
Os protagonistas son vaxinas, penes, tetas e unha man que interactúan en situacións cotiás da vida social e que rexeitan os "ía provocando", "quería algo máis" ou "estábao buscando" que alegan os agresores como xustificación do seu comportamento machista.






Vía El ventano

Ningún comentario:

Publicar un comentario