14/04/16

Trastario

Precioso poemario este que nos trae Faktoría K de libros na súa colección Orihuela: Trastario. Nanas para lavadoras é de Pedro Mañas e conta coas ilustracións de Betania Zacarias. Trinta poemas que falan con xeito dos aparellos que utilizamos e que nos son indispensables, pero dos que non nos acordamos ata que se estragan. Así, o autor fai un repaso artístico e rimado de todos eles: lavadora, lavalouza, aspiradora... Polos versos pasean os enchufes para que funcionen e o que hai dentro deles, todo vale para ser tratado con enxeño, humor, xogos de palabras e dobres sentidos que son unha delicia para xogar coa poesía. Pedro Mañas demostra coa súa habilidade técnica de construtor de versos que obtivo hai tempo a súa licenciatura en enxeñeiro das palabras!
 E as ilustracións son un redondeo das palabras, envolvéndoas con lene dozura, con sinxeleza natural e imaxinativa, metáforas visuais que subliñan a lectura.

"Tic-tac"
(Susurraba él)
"Toc-toc"
(Susurró la otra)
Él le regaló un minuto.
Ella suspiró una gota.
Se ha enamorado el reloj
de la cañería rota.




Ningún comentario:

Publicar un comentario