12/05/16

Aquí

Impresionante este cómic de Richard McGuire que publica Salamandra con este sinxelo título: Aquí é a historia do que ocorre nun cuarto ao logo de miles de anos. Un libro sen personaxes onde a importancia reside no eixo cronolóxico, que vai saltando dunha páxina a outra ou que na mesma páxina ofrece diversos anos no lugar. Un lugar que é o mesmo sempre pero en épocas dispares, sinaladas por un cadriño que nos ofrece esa información. Pasamos por todas as idades do home, dende a orixe da terra ata o futuro afastado. Iso, sen orde cronolóxica.






Ningún comentario:

Publicar un comentario