08/05/16

Xogando con gatos

Antón Cortizas é o autor desta obra de teatro infantil que publica Xerais na súa colección "Biblioteca Dramática Galega": Xogando con gatos conta coas sempre orixinais e marabillosas ilustracións de Leandro Lamas e obtivo o III Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2014. Unha obra que ensina a xogar e a recuperar espazos lúdicos na nosa lingua que ou ben se esquecen ou ben permanecen agochados no fondo da memoria dos máis vellos, agardando, quizais, unha fada boa que tente recuperar a memoria da infancia. Así, escoitaremos ou leremos xogos de palabras, rimas, xogos de lengalengas... mesmo hai un apartado final con propostas de xogos e partituras: O gato e o rato, O gato no regato, O can e o gato, As abelliñas do mel, Xogo do Miquiño, Quen lle pon  axóuxere ao gato.
Así que o libro é unha reivindicación dos xogos populares onde non falta o monstro que leva a memoria e as fadas que tentas que non suceda, adubiado por gatos que si xogan e unha nena que tentará salvar a memoria do noso pobo.

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario