27/07/16

Fuiste mía

Con esta canción Gerardo Ortiz non só consegue facer apoloxía de violencia de xénero, senón mesmo de terrorismo, digo eu.
Conta unha historia de infidelidade na que mete a moza nun coche para queimala viva despois de asasinar ao "outro".
Esta barbaridade só lle custou 2.600 dólares de multa.
E falamos dun país no que cada tres horas morre unha muller por violencia machista. 
O vídeo non ten desperdicio. Que medo!




Vía

Ningún comentario:

Publicar un comentario