29/07/16

Presas fáciles

Publica en galego El Patito editorial este cómic, Presas fáciles, de Miguelanxo Prado, libro de denuncia social que vén de me encantar. Estamos ante un thriller que critica a corrupción económica servíndose das preferentes como argumento; ao mesmo tempo, tamén fala do drama da vellice, da súa indefensión social e da súa soidade. Así, e en branco e negro, pasearemos pola Coruña da man dunha inspectora espabilada que esclarecerá os asasinatos mentres reflexiona -para si- sobre a situación que provocou esta investigación.
E si, podería ser certo.




1 comentario:

  1. Téñoo na casa e a verdade é que me gustou tanto polos debuxos como pola trama.

    ResponderEliminar