En Libros del Zorro Rojo podedes atopar este Ars Amandi de Oski, un libro de amor e sexo cheo de humor que retoma propostas de literatura erótica e fragmentos do "Kamasutra" -entre outros- para compor un libriño de viñetas nas que non cómpren diálogos conseguindo un catálogo do pracer; dous personaxes mudos que non fan máis que enmarcar un texto acompañándoo dun xeito grácil e sorprendente. Cando o menos o pracer de ollalo cun sorriso nos beizos. Un libro que se compón a partir de textos antigos dá idea de que o amor e o sexo son universais e atemporais, posto que perduran eternamente.


Ningún comentario:
Publicar un comentario