26/08/16

Los huesos cantores

Shaun Tan reinventa os contos clásicos neste libro publicado -sempre magnificamente- por Barbara Fiore, Los huesos cantores. Nel, achéganos de xeito espectacular 75 contos dos irmáns Grimm, e faino xunguindo fotografía e escultura acompañadas de pequenos fragmentos dos contos. Ou sexa, os contos de sempre presentados de xeito orixinal nunha linguaxe visual que fala de misterio e simboloxía: príncipes, reis, campesiños, bruxas... volverán a vivir connosco historias de amor, de envexa, de traizón, de maxia... 
Ao remate, un apartado cun resumo de todos os contos para entender mellor a representación do artista e tamén hai un epílogo do autor explicándonos a importancia destes contos para el e en que se inspirou para realizar estas esculturas.






Ningún comentario:

Publicar un comentario