16/09/16

Cámbiache o conto!

Seguindo a "moda" de cambiar os contos tradicionais, Pinto & Chinto publican en Xerais Cámbiache o conto!, un libro de relatos que recolle 25 contos tradicionais para darlles unha voltiña que os cambia por completo no que vén a ser unha versión completamente diferente de tantas que temos lido outras veces, e onde o humor será a peza fundamental do cambio. E será este chave do humorística quen permita un cambio de rexistro, de personaxes, de protagonismos ou de herores e heroínas. A carón do ton do que falamos, e acompañándoo na mesma clave, están as ilustracións que reinterpretan cada unha destas vellas historias. Un libro que dá pé para exercicios de creación literaria na clase, desde logo, xa que o feito de xogar con contos tradicionais e alteralos procurándolles novos códigos éticos poder dar moito de si.


Ningún comentario:

Publicar un comentario