Como en todo libro de relatos, hai algúns que gustan máis e outros que gustan menos. Pero a impresión xeral do libro foi moi boa. Estou a falar de Galería de saldos de Diego Giráldez, publicado por Xerais. Un libro de vinte e sete relatos que se inician cunha ilustración, imaxes que proceden de movementos artísticos variados e que formarán parte do argumento do relato posterior, algo ben interesante pola interacción artística que o autor nos ofrece (e que queda patende na primeira parte do título); os relatos tratan todos os temas (eu quedo co da violencia de xénero, que xa vou gardar para utilizadlo) polo que hai amor, morte, vinganza, desamor, soidade, desafiuzamentos. E igual que hai variedade de temas coexiste a variedade de protagonistas, dende adolescentes ata a vellice, e por suposto todo tipo de oficios e profesións. Todo isto regado cunha boa dose de retranca. Unha ironía que comeza polo propio título (meu pai preguntoume se estaba a ler ficción ou me estaba a informar dalgún tipo de rebaixa comercial????) e que fai alusión ás rebaixas que nos ofrece a vida que vivimos. Porque a pesar de ser ficción (iso é o que lle contestei ao meu pai) polas súas páxinas pasea o realismo do fracaso, da resignación sen felicidade posíbel.
Tamén chama a atención o xeito de escribir deste autor, que vén directo e que ás veces semella complexo, sabendo conxugar as imaxes sórdidas da vida cotiá en caída libre coa ironía máis afastadora. Por iso resulta tantas veces sorprendente.
Eu merqueino sen muita confianza pero marabilloume.
ResponderEliminarEu seguín o teu consello!!!
ResponderEliminar