30/09/16

Nube con forma de nube

Cantas veces paramos a mirar a forma das nubes? Cantas temos xogado a pensar que nos lembran? Cantas apostamos a atopar un animal entre elas? Nube con forma de nube reclama o dereito a seren nubes na boca de Cecilia Pisos con ilustracións de Diego Bianki, un libro de poesía publicado pola Faktoría K na súa colección Orihuela -que gozada de colección, por certo!-. Xoguemos coa poesía e coa forma das nubes. As nubes como fenómeno meteorolóxico e as nubes como metáfora. Isto, semanticamente. En canto á forma poderemos ler palabras encadeadas, aliteracións, xogos de palabras... Todo, texto e ilustración, procuran unha atmosfera transparente, un ceo azul salferido de nubes de cores, de nubes simpáticas, de nubes desproporcionadas, de formas diferentes que o ser humano quere ver. Ou que necesita mirar nalgo tan afastado como esas nubes que poboan por riba das nosas cabezas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario