03/09/16

O cociñeiro Martiño

Iago López e Macus Romero constrúen en O cociñeiro Martiño publicado por Xerais un álbum divertido que segue o procedemento acumulativo para convertérmonos en saborosos cociñeiros e pillabáns cidadáns. O compañeirismo e a amizade, pero tamén a astucia e a bonhomía son cualidades que resaltan neste libro para primeiros lectores, a quen non defraudará. Porque ser perseverantes, como di o álbum, é a mellor cualidade que podemos acadar, reflexionando asemade que debemos perseguir os nosos soños.


Ningún comentario:

Publicar un comentario