Marabilloso grupo Migallas que me leva de volta aos meus tempos de Ribadavia. Agora María Campos e Carlos Yus, coas ilustracións de Óscar Villán, publican en Kalandraka este Canta connosco!, unha edición conmemorativa que recupera as cancións que dende hai 20 anos nenos e nenas poden cantar e bailar na nosa lingua. Paga a pena achegarse a este libro-disco que inclúe todo tipo de música, dende rap ata rock, dende pasodobres ata cancións de berce. Esta variedade musical está acompañada de variedade temática, polo que é imposible non toparmos algún ritmo e algunha letra que non sexa do noso agrado. Deberiades probalo!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario