12/11/16

O meu tío Xakim

Fermín Solís é o autor deste divertido álbum ilustrado que publica El Patito Editorial: O meu tío Xakim fala da aceptación social das diferenzas, daqueles ou daquelas que semellan afasatarse do cotián e que tantas veces son mirados como estraños. Neste noso álbbum, unha visita inesperada dun recén chegado da India co seu elefantes vai virar a vida do lugar, facendo do visitante mesmo un heroe a quen admirar. Unha exaltación da propia personalidade que non debemos perder a causa das convencións sociais; por iso o noso protagonista é unha persoa auténtica e diferente que vive como el cre que debe facelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario